miércoles, 10 de mayo de 2017

POR QUE VIAXAR A NOVA YORK?

Benvido a Nova Iork! A cidade onde nacen os soños, a cidade que nunca dorme!


Nova Iork, a metrópole máis poboada de Estados Unidos, é tamén coñecida en todo o mundo como The Big Apple, a Gran Mazá. A orixe deste alcume remóntase aos anos vinte. Na xerga dos músicos negros de jazz, o vocábulo mazá utilizábase como sinónimo de cidade.

Nova Iork convertiuse nos últimos anos, e polos seus propios méritos, na capital económica e cultural máis grande do mundo. Esta cidade ofrece un ambiente e estilo de vida único que non pode contarse, ten que vivirse e gozalo.




Nova Iork é un destino reclamado por todo o mundo, tamén polos españois, por diversos motivos:


  • Os seus edificios, altísimos edificios situados na súa maioría no Midtown da cidade, famosa polos seus rañaceos.

  • O Skyline, é precisamente a silueta que forman eses edificios.
  • Os museos e os parques.


  • As compras, a comida...


  • O baixo prezo dos voos.

  • A cotización do euro/dólar que fai que salga máis barato a viaxe e a estancia.

 


  • Os Neoiorquinos, adoitan ser moi amables e colaborativos aínda que inicialmente poidan parecer bordos.



  • Pola diversidade cultural que ofrece (cinema, televisión...)



Apetéceche coñecelo?


No hay comentarios:

Publicar un comentario